22/04/2026 00:00
28/04/2026 10:05
Cómo participar
El formulario no está abierto.
Para quien
Suscriptores y registrados
Bases del concurso
BasesDescripción
La Región e o Xornal Escolar convocan aos seus pequenos lectores e profesorado dos colexios de primaria da provincia de Ourense co fin de fomentar a participación dos nenos de primaria na tradición dos maios, promovendo a creatividade, a cultura e o traballo en equipo.
A proposta convida ás clases dos colexios de primaria da provincia de Ourense a enviar os seus textos de coplas, deseños plásticos ou os seus maios e participar nunha ou varias categorías para obter importantes premios.
Con tal motivo, La Región e o Xornal Escolar premiarán a través dun concurso que terá as seguintes categorías:
Podes elixir unha ou combinar varias:
1. Maio tradicional (manualidades)
◦ Construción dun maio pequeno con materiais naturais (flores, follas, musgo…). Dimensións máximas 20x20x20 cms.
2. Expresión plástica
◦ Representar un maio ou algún dos elementos asociados a esta festa, nunha lámina ou cartolina en tamaño A4, utilizando elementos naturais.
3. Coplas dos maios (lingua galega)
◦ Crear unhas coplas dos maios orixinais (máximo 6 estrofas).
Premios
Un xurado designado por La Región elixirá o mellor traballo por categoría e os mesmos faranse acredores dun premio moi especial. Todos os participantes serán recoñecidos polo seu traballo coa entrega de diplomas e, ademais, todos os traballos participantes exporanse os días sábado 2, domingo 3 e luns 4 de maio no Centro Comercial Ponte Vella.
Primeiro premio de cada categoría: unha excursión á Ribeira Sacra con paseo en catamarán e picnic para a clase gañadora.
El formulario no está activo.